ONDE HAI COMIDA, HAI VIDA
Géiseres de Encelado / Imaxe: Noticias de la Ciencia
Onde hai comida, hai vida. E un equipo de investigadores da Universidade de Washington acaba de comprobar que Encelado, unha das lúas de Saturno, ten moita máis capacidade para dar sustento a múltiples formas de vida do que se cría ata agora. Así o anunciaron os autores do estudo, durante o AbSciCon 2019 a Conferencia de Astrobioloxía que celebra cada ano a Unión Xeolóxica Americana en Washington.
Dende que a misión Cassini visitásea por primeira vez en 2004, a lúa Encélado non deixou de dar sorpresas. Un dos maiores descubrimentos foi unha serie de géiseres de vapor de auga ao redor do seu polo sur, o que revelou a presenza dun gran océano subterráneo. Dende entón, leváronse a cabo decenas de investigacións para pescudar se alí, nas profundidades dese vasto mar extraterrestre, pode xurdir a vida.
Neste último traballo, demóstrase que as concentracións de CO2, hidróxeno e metano no océano interior de Encélado son moito máis altas do que pensaba, e que o ph das súas augas é sorprendentemente similar ao da Terra. Unhas condicións ideais, pois, para dar sustento a múltiples formas de vida bacteriana.
Foron precisamente as similitudes no ph, a salinidade e a temperatura dese océano alieníxena cos da Terra o que máis atraeu a atención de centos de investigadores. Todas esas características foron determinadas estudando a composición dos géiseres, que periodicamente fan erupción no polo sur de Encélado e lanzan vapor de auga ao espazo a unha velocidade de 1.300 km/h.
Con todo, o equipo investigador, deuse conta de que os géiseres non teñen a mesma composición química que o océano do que proceden. A propia erupción, en efecto, encárgase de alterar esa química por medio dun proceso de separación de gases chamado fraccionamento, que fai que algúns deles entren en erupción mentres que outros quedan atrás.
Por iso, segundo os autores do estudo, os géiseres son unha "xanela imperfecta" á verdadeira composición química do océano subterráneo. Para corrixir ese erro, decidiron analizar os datos da Cassini nunha simulación informática que tiña en conta os efectos do fraccionamento, e iso revelou que os estudos anteriores subestimaran a presenza de hidróxeno, metano e dióxido de carbono nas augas subterráneas.
FONTE: José manuel Niebes/abc.es/ciencia
0 comentarios