Blogia
vgomez

OS ROSEIS DOS AVIÓNS AFECTÁN AO CLIMA MÁIS QUE AS SÚAS EMISIÓN DE DIÓXIDO DE CARBONO

Roseis dun avión / Imaxe: microsiervos.com

Os avións, co seu ruído, o seu consumo de inxentes cantidades de combustible e as súas emisións, son unha das creacións humanas que máis alteran o medio. Agora un estudo ofrece datos sobre outra das súas perturbacións: os seus ronseis no ceo. O traballo destaca que están a ter un impacto sobre o clima maior que os gases de efecto invernadoiro que saen das turbinas dos aparellos. O peor é que, segundo os seus cálculos, o quecemento provocado por estas nubes artificiais triplicouse en 2050.

Estes ronseis de condensación, coñecidas no ambiente da ciencia atmosférica como  contrails, fórmanse tras o paso dos avións. Mediante a complexa interacción entre partículas emitidas polos motores e o aire, a humidade deste condénsase formando estas nubes. As aeronaves xeralmente voan a unha altitude, na parte superior da  troposfera, onde esa humidade está en forma de cristais de xeo. Ao paso do avión estes agrúpanse ao redor das partículas de carbono e pasan directamente a estado  gaseoso. Fórmanse así cirros artificiais indistinguibles dos naturais.

Os mapas mostran o quecemento (medido en milivatios por metro cadrado) inducido polas contrails en (a) 2006 e (b) 2050. Á dereita, a radiación estimada para o mesmo ano, pero tendo en conta (c) o extra de calor provocada polo quecemento global ou (d) a mellora na eficiencia dos motores / Bock y Burkhardt, Atmos. Chem. Phys., 2019

Agora, dúas físicas atmosféricas do Centro Aeroespacial Alemán (DLR), estimaron o impacto no clima destes ronseis no momento actual e para 2050. O traballo, publicado na revista especializada Atmospheric Chemistry and Physics, conclúe que estas nubes contribúen ao cambio climático máis que os propios gases de efecto invernadoiro (GEI) emitidos polos motores dos aparellos e que a súa achega ao quecemento global triplicarase en 2050 respecto a 2006, ano que usan como punto de partida para o seu estudo.

FONTE: Miguel Ángel Criado/elpais.com/ciencia

0 comentarios