Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2019

Gañadores do Premio Nobel de Química 2019 / Imaxe: es.euronews.com

A Academia Sueca concedeu esta mañá o Premio Nobel de Química de 2019 ao estadounidense John B. Goodenough, o británico Stanley Whittingham e o xaponés Akira Yoshino por desenvolver a batería de ións de litio. "Esta lixeira, recargable e potente batería utilízase na actualidade en todas partes, desde os teléfonos móbiles aos computadores portátiles e os vehículos eléctricos. Tamén pode almacenar cantidades significativas de enerxía solar e eólica, facendo posible unha sociedade libre de combustibles fósiles", celebra a institución nun comunicado.

FONTE: elpais.com/ciencia

0 comentarios