Blogia
vgomez

ATOPAN A NAVE INDIA PERDIDA NA LÚA

Esta imaxe amosa o punto de impacto da Vikram Lander e o campo de entullos asociado. Os puntos verdes indican restos da nave espacial (confirmado ou probable). Os puntos azuis sitúan o chan alterado, probablemente onde pequenos anacos da nave espacial axitaron o regolito. «S» indica os restos identificados por Shanmuga Subramanian / NASA/Goddard/Arizona State University

A NASA atopou ao fin o lugar do accidente do aterrizador Vikram da misión Chandrayaan-2 da India, que se estrelou o pasado setembro cando tentaba acadar a Lúa. As imaxes tomadas pola cámara do Orbitador de Recoñecemento Lunar (LRO) mostran o punto de impacto e os entullos que o rodean a un 600 km do  inexplorado polo sur lunar, obxectivo da nave.

A misión pretendía enviar un orbitador, un módulo de aterraxe e un rover á superficie da Lúa. O  orbitador debía soltar o seu aterrizador para pousarse suavemente nunha elevación situada xunto a dous cráteres. Despois, o módulo despregaría un pequeno vehículo de exploración, Pragyan. O obxectivo era mapear a superficie da rexión, examinar a súa composición e buscar auga. Pero esas ambicións víronse truncadas no último momento. A Organización de Investigación Espacial da India (ISRO) xa advertira de que o descenso do módulo de aterraxe desde a órbita lunar, bautizado como «os 15 minutos de terror», era extremadamente complicado. Foi entón cando ISRO perdeu contacto co artefacto por un problema durante o freado. A pesar da perda, di a NASA, achegarse tanto á superficie foi un logro incrible.

O pasado 26 de setembro, o equipo da LRO publicou un primeiro mosaico de fotografías para que o público en xeral puidese analizalo en busca da nave india. Un afeccionado chamado Shanmuga Subramanian atopou algo sospeitoso e contactou cos investigadores para poñelos sobre aviso. O equipo confirmou a identificación comparando imaxes de antes e despois.

Cando se adquiriron as imaxes para o primeiro mosaico, o punto de impacto estaba mal iluminado e, por tanto, non era facilmente identificable. Dúas secuencias de imaxes posteriores adquiríronse o 14 e 15 de outubro e o 11 de novembro. O equipo de LRO percorreu a área circundante nestes novos mosaicos e atopou o sitio de impacto e os entullos asociados. O mosaico de novembro tivo unha mellor escala de píxeles (0,7 metros) e condicións de iluminación (ángulo de incidencia de 72°).

Os entullos localizados por primeira vez por Shanmuga están a uns 750 metros ao noroeste do sitio principal do accidente. O mosaico de novembro mostra mellor o cráter de impacto, o raio e o extenso campo de entullos.

India fracasou no seu intento de converterse no cuarto país en tocar a Lúa, por detrás de Rusia, Estados Unidos e China (que este ano se pousou na cara oculta), apenas cinco meses despois do tamén errada aluaxe da sonda israelí Bereshit.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios