OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE IX
A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é 1%. A cantidade de auga que é apta para consumo humano no mundo é menor do 1% dos recursos de auga doce dispoñible. Aínda que o 70 % da superficie do planeta está cuberta por auga, só o 2,5 % é doce, mentres que o 97,5 % restante é salgada. Desa auga doce, un 68,7 % está conxelada en glaciares. Do resto, un 30,1 % xace na humidade do chan ou nas profundidades da terra, nas capas acuíferas inaccesibles para os seres humanos.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Por cada tonelada de papel reciclado, aforramos...
- 17 árbores
- 32 árbores
- 46 árbores
- 59 árbores
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es Imaxe: fuentesaludable.com
0 comentarios