IDEAS PARA ESTIMULAR A CREATIVIDADE
Convencido de que a remestura é a base da arte, o escritor e artista Austin Kleon converteu a súa tese nunha forma de vida. Medriu nos campos de millo de Ohio "afastado de artistas e escritores, non coñecía a ninguén que traballase no que eu quería facer", recoñece. Deambulou como bibliotecario, deseñador web e redactor publicitario. Pero o seu éxito e reinvención chegou tras dar un coloquio titulado ‘Rouba como un artista’: “Picasso dicía que os artistas roubaban. David Bowie considerábase a si mesmo un ladrón con bo gusto. Bob Dylan dicía: “Rouba un pouco e meteranche no cárcere, rouba moito e faranche rei”. E eu fíxeno meu porque non son nada orixinal”, argumenta. A charla fíxose viral. Transformada nun manifesto ilustrado, ’Rouba como un artista’ é o xerme da triloxía completada por ‘Aprende a promocionar o teu traballo’ e ‘Segue adiante’. Na súa obra, Kleon ensina estratexias para explorar nosa parte artística, creativa e suxire fórmulas para seguir sendo creativos.
Autodefínese como “un escritor que debuxa”. O seu primeiro libro superventas, ‘Newspaper Blackout’, é unha colección de poesías, que creou reeditando artigos de xornal cun rotulador permanente. “Parecen haikus feitos pola CIA”, chancea Kleon. A obra do artista estadounidense foi publicada en medios como The New York Times ou The Wall Street Journal. Os seus libros teñen máis dun millón de copias impresas e foron traducidos a máis dunha vintena de idiomas.
0 comentarios