VIDEOCHAMADAS EN WHATSAPP PARA O CONFINAMENTO
O estado de alarma decretado en España provocou que os cidadáns deban permanecer nas súas casas excepto para obter bens e servizos básicos e eviten saír a realizar calquera actividade de lecer, o que inclúe as visitas á familia e os amigos.
Familias, amigos e parellas que non poden atoparse, tocarse e abrazarse estes días apoiáronse na tecnoloxía para seguir programando os seus encontros.
Ante o illamento imposto, unha chamada telefónica ou un WhatsApp non basta. WhatsApp, admite videochamadas gratuítas a través de Wi-fi ou datos móbiles, mesmo para contactos que vivan no estranxeiro. Hoxe explícoche como facelo.
Como facer videollamadas en WhatsApp:
- Abre unha conversación de WhatsApp.
- Toca a cámarade vídeo que aparece na esquina superior dereita da xanela.
- A videollamada comezará automaticamente e soará o teléfono do destinatario.
- Unha vez que este acepte a chamada ou descolgue o teléfono, xa non hai que facer máis nada que gozar da mesma.
Como facer videochamadas en grupo en WhatsApp:
- Abre unha conversación de WhatsApp.
- Toca a cámara de vídeo na esquina superior dereita da xanela.
- A videollamada comezará automaticamente e soará o teléfono do destinatario.
- Unha vez que o primeiro destinatario respondese, toca a icona de agregar usuario na esquina superior dereita da pantalla.
- Selecciona un segundo destinatario para sumalo á chamada actual
- Unha vez que se uniu, tamén poderás agregar un terceiro destinatario.
Unha solución sinxela que nos axudará nestes momentos tan críticos.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe: WhatsApp/publimetro.pe
0 comentarios