Blogia
vgomez

EXPERICONTOS

 

Os valencianos Aida Ivars e Tomás Hernández coñecéronse dando clases nun instituto: ela ensinaba Química e el, Arte. En 2013 decidiron deixar a docencia, crear a compañía teatral Os gatos con batas e aproveitar os seus coñecementos para facer divulgación científica encima dun escenario.

A clave dos seus espectáculos, que ofrecen a concellos e centros educativos, é sempre a mesma: fan experimentos ligados aos diferentes temas que tratan nas historias que contan. En metade da crise polo coronavirus, tanto as súas funcións como as clases da súa filla Iris foron canceladas, e aproveitaron o tempo en casa para seguir entretendo a través da súa canle Youtube cos seus “expericontos”.

No vídeo superior tes un exemplo. Nel, a parella elixe un conto e, cando remata de lelo, fai un experimento que se adecúa ao que se acaban de narrar.

Se che gustou e  queires ver outros similares preme AQUÍ.

Grazas!

0 comentarios