Blogia
vgomez

HUMOR REAL: UN ANTES E UN DEPOIS

Os denominados acontecementos importantes da historia son aqueles que supuxeron un cambio rotundo no mundo no que se produciron, e tras os cales a vida na Terra non volveu ser a mesma. A lista podería ser infinita, dende o descubrimento do lume ou a invención da roda, pasando pola Ilustración  ou a chegada do home a Lúa e rematndo pola irrupción de internet e as novas tecnoloxías.

A esta reducida lista, que podería ser máis ampla, hai que engadirlle outro acontecemento: a pandemia do coroavirus que vivimos. Si, marcará un antes e un despois, unha nova realidade que aínda non acabamos de asimilar.

Este é o tema da viñeta do xenial El Roto (Andrés Rábago García-Madrid, 1947), publicada onte no xornal El País.

Como será ese despois?

Un cambio rotundo, unha nova e incerta realidade!

0 comentarios