Blogia
vgomez

AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA II

Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...

Hoxé imos a...

2. Deserto de Danakil (Etiopía)

Se hai un lugar na Terra que se asemelle á vida extraterrestre ese é sen dúbida o deserto de Danakil. Esta enorme extensión de terra situada no Corno de África, na depresión de Afar, é coñecido pola súa calor extrema con temperaturas que superan os 40 ºC durante o día e onde formacións de sulfuro, sal e xofre brotan da terra outorgando ao terreo unha cor amarelada máis propio doutro planeta.

No deserto de Danakil está o volcán Dallol, un cráter situado a 45 metros por baixo do nivel do mar e cuxas correntes ascendentes crean asombrosos mananciais de xofre e sal.

Os intrépidos turistas que se atreven a entrar nesta inhóspita zona polas súas temperaturas (este é o lugar que ten o récord de media máis alta nun lugar habitado na Terra) así como perigosa pola situación política en Etiopía, descubrirán unha impresionante paisaxe onde a area do deserto é substituída polas fontes de xofre e minerais que outorgan tons amarelos, verdes ou branco ao terreo.

FONTE: Paloma Santanaría/abc.es

0 comentarios