Blogia
vgomez

VIDA!

 

Este vídeo gravado polo Centro do Lobo de Castela e León-Félix Ropdríguez de la Fuente corresponde ao 14 de maio. A loba Jara pariu tres cachorros nas instalacións de Robledo de Sanabria tras un período de xestación de 62 días. Jara, segundo informa o centro, foi abandonada de forma anónima no caixón de recepción do Centro de Animais Salvaxes de Villaralbo en 2013 xunto a unha nota. Nela contaban que  atopárona no campo e, "crendo" que era un can, leváronlla a casa coa familia. Cando se deron conta de que era unha loba entregárona no centro xestionado pola Fundación de Patrimonio Natural.

Natureza!

0 comentarios