AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA VI
Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...
Hoxé imos a...
6. O Salgar de Uyuni (Bolivia)
O salgar de Uyuni, é o maior deserto de sal continuo e alto do mundo, cunha superficie de 10.582 km2 e é o principal reclamo turístico do país con máis de 60.000 visitantes anuais. Está situado a uns 3650 msnm no suroeste de Bolivia, próximo á cordilleira dos Andes.
A área que hoxe ocupa este deserto estaba cuberta hai 40.000 anos polo lago Minchinnota e posteriormente, hai 11.000 anos, polo lago Tauca ou Tauka. Coa evaporación da auga só quedou o sal que vemos hoxe día, disposta nunhas dez capas diferentes.
Estimase que conteña uns 10 mil millóns de toneladas de sal, das cales só 25.000 t son extraídas anualmente. No comezo de novembro, tamén é lar de tres especies suramericanas de flamengos: o flamengo chileno, o flamengo andino e o flamengo de James.
FONTE: Paloma Santanaría/abc.es
0 comentarios