OS BORBÓNS EN ESPAÑA XI
Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.
11. XOÁN CARLOS I
Xoán Carlos I (Roma, 5 de xaneiro de 1938), fillo de Xoán de Borbón e neto de Alfonso XIII, foi enviado a España para converterse no sucesor do ditador Francisco. Tras a morte do dictador, foi proclamado o 22 de novembro de 1975, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado.
En 1962 contraera matrimonio con Sofía de Grecia (Atenas,1938), tendo 3 fillos, un varón e dúas mulleres.
Con todo, o entón príncipe parecía ter outros plans máis acordes coas necesidades do país e os desexos dos españois, polo que acabou por converterse nun dos personaxes principais da Transición e a nova orde democrática que xurdiu en España en 1978.
Os momentos claves do seu reinado foron: A Trasición cara a democracia (1975-1982), os gobernos de Felipe González (1982-1996), os gobernos de Xosé Mª Aznar (1996-2004), os gobrenos de José L. Rodríguez Zapatero (2004-2011) e os gobernos de Mariano Raxoi (2011-2017).
Lembrado polo seu papel neste período e pola súa intervención durante o intento de golpe de estado de 1981 (23 F), os seus últimos anos de reinado encadearon numerosos escándalos e sospeitas en casos de corrupción que lle levaron a abdicar en xuño de 2014. A súa presenza mediática como representante da Casa Real decreceu desde entón, en parte porque non deixaban de aparecer novos casos ou escándalos nos que se vía envolvido o rei emérito. O 3 de agosto diste ano, 2020, anunciou que abandonaba España nun último intento de que os seus actos non afecten á Coroa nin ao actual rei, estando, ao parecer, nos Emiratos Árabes Unidos.
Mañá o último monarca Borbón, por agora!
FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Fotografía de Xoán Carlos I /Wikimedia Commons.
0 comentarios