Blogia
vgomez

A PONTE PEATONAL SUSPENDIDA MÁIS LONGA DO MUNDO: 516 AROUCA

 

A 65 quilómetros do Porto (Portugal), a localidade de Arouca (concello da área Metropolitana do Porto e da Rexión Norte de Portugal, integrado no extremo nordeste do distrito de Aveiro) completa os Passadiços do Paiva (pasarelas de madeira construídas ao longo da marxe esquerda do río Paiva, na conca hidrográfica do río Douro) cunha espectacular estrutura de 516 metros de longa, a 175 metros de altura: 516 Arouca.

O percorrido pódese iniciar en Espiunca ou talvez no Areinho, camiñado ata oito quilómetros ao longo dos Passadiços do río Paiva… e, de súpeto, álzase a maior ponte peonil suspendido do mundo. Esta sorprendente estrutura, que desprega os seus 516 metros como colofón a un conxunto formado por unha rede de vías para senderistas. Precisamente, así se vai a chamar: "516 Arouca", para que a cifra quede rexistrada na memoria colectiva como unha imaxe de marca, todo un reclamo nestes tempos de pandemia que corren.

 A uns 175 metros de altura e cunha anchura de 1,20 metros de maneira uniforme durante o seu itinerario, a construción está chamada a reactivar o turismo dos arredores, tan estancado como a rexión por mor da arremetida da crise. Por iso, as autoridades locais apostan por non paralizar a «posta de longo», conscientes de que pode converterse no revulsivo que necesitaban.

Habrá que coñecelo!

0 comentarios