A TARTARUGA MÁIS GRANDE DO PLANETA EN GALICIA
A tortuga laúd, avistada fronte á costa galega / BDRI
A tartaruga máis grande do planeta atópase fronte á costa galega. O Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) avistou un exemplar de tartaruga laúde (Dermochelys coriacea) xunto a un grupo de calderóns grises nas proximidades do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A entidade explica que detectou este exemplar durante a última campaña de mostraxe dentro do proxecto Balaenatur e compartiu unha imaxe do animal na súa páxina de Facebook.
Segundo explica o BDRI, a tartaruga laúde pode alcanzar un tamaño superior aos dous metros e case unha tonelada de peso. Ademais, pode descender a máis de 1.200 metros de profundidade e permanecer mergullada ata 85 minutos. "Esta especie, que ostenta a maior distribución migratoria de todos os réptiles do planeta, é vulnerable de extinción a menos que as circunstancias que ameazan a súa supervivencia e reprodución melloren", engaden.
FONTE: P.D.P./farodevigo.es
0 comentarios