Blogia
vgomez

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: PASO DE CEBRA

O símbolo do paso de cebra ou paso de peóns ten unha orixe incerta. A súa invención adoita atribuírse ao inglés James Callaghan que, en 1948, visitou o Laboratorio de Investigación de Transporte e Estradas do país, que estaba a traballar nunha nova idea para facer cruces peonís seguros. Ao mostrar un deseño en branco e negro, cóntase que Callaghan comentou que se parecía a unha cebra. Tras algúns experimentos illados, o paso de peóns naceu oficialmente como cruzamento seguro para peóns en Reino Unido ao ano seguinte, en 1949.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios