A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: Hg (MERCURIO)
Por que o símbolo químico do mercurio é Hg? O nome latino orixinal do Mercurio era en realidade "argentum vivum" (prata viva), pero o latín tomou prestada a palabra grega "hidrargyros" (hydra=auga, gyros=prata; prata líquida) para dar nome a este elemento, bautizándoo finalmente como "hydrargyrum" (Hg). Os alquimistas consideraban esta “prata líquida” próxima ao ouro, e por iso chamárono Mercurio, en honra ao planeta máis próximo ao Sol. Outros metais coñecidos desde a antigüidade tamén recibiron nomes correspondentes aos planetas, como o Uranio, o Neptunio, o Cerio ou o Plutonio.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios