CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (III)
Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).
Imos coa segunda curiosidade!
2. Desde cando se coñece como ’planeta vermello’?
Aínda que este alcume e o seu nome recibiuno en homenaxe ao deus da guerra da mitoloxía romana (Ares na mitoloxía grega), o seu bautismo é aínda mais vetusto. Os antigos exipcios xa o chamaban Her Decher, “O vermello”, hai máis de catro milenios.
FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios