O ENIGMÁTICO DRAGÓN VOADOR DO XURÁSICO DO HEMISFERIO SUR
O dragón voador ao que pertencen os restos identificados pola universidade de Chile / @mauricio_alvarez_art/UChile
Un novo estudo sobre restos fósiles achados no deserto de Atacama (Chile) en 2009 permitiron identificar un enigmático "dragón voador" do Xurásico por primeira vez no Hemisferio Sur. Unha cola alongada terminada nunha punta con forma de rombo e dentes puntiagudos dirixidos cara á fronte son algunhas das peculiares características dos ranforrincos, un tipo de pterosaurio atopado preto da cidade de Calama e que habitou o megacontinente Gondwana hai uns 160 millóns de anos.
Jhonatan Alarcón, investigador da Rede Paleontolóxica da Universidade de Chile, liderou a investigación que demostra a distribución global destes réptiles alados, un traballo que foi publicado na revísta Acta Palaeontologica Polonica . Definidos nos primeiros estudos como propios dun animal mariño, análises posteriores permitiron determinar que o espécime descuberto era un extraordinario réptil voador do período Xurásico, máis precisamente un pterosaurio da subfamilia Ramphorhynchinae.
Jhonatan Alarcón liderou o estudo destes restos correspondentes a "un húmero esquerdo, unha posible vértebra dorsal e dous fragmentos dunha falanxe do á, todos conservados en tres dimensións e probablemente pertencentes a un só individuo". De acordo ao paleontólogo, as pezas preservadas deste exemplar son suficientes para determinar que se trata dun pterosaurio de gran envergadura para esa época, probablemente moi parecido aos membros dun grupo coñecido esencialmente no Hemisferio Norte chamado Rhamphorhynchinae, do que forman parte xéneros como Rhamphorhynchus de Europa o Nesodactylus de Cuba.
"Estes pterosaurios tiñan envergaduras de ás, de punta a punta, de ata 1,80 ou 2 metros. O noso espécime é bastante grande, comparable a Rhamphorhynchus, que é o membro máis grande desta familia, ou quizais máis grande", dixo o investigador. Segundo explica Jhonatan, estes enigmáticos dragóns alados, caracterizábanse por "ter unha cola moi alongada e cunha peculiar terminación en forma de rombo. Posuían ademais cabezas baixas, fuciños longos e dentes puntiagudos dirixidos cara á fronte. En base ao tamaño, sobre todo do húmero, que se ve moi desenvolvido, e tamén en base a comparacións con outros exemplares, podemos dicir que corresponde a un adulto ou a un estado moi próximo á etapa adulta", engadiu.
Ademais os investigadores puideron "rescatar outros ósos na área do achado, materiais que aínda deben ser estudados para resolver se este espécime corresponde ou non a unha nova especie, o que é o máis probable". Este é o primeiro exemplar da subfamilia Rhamphorhynchinae descuberto no Hemisferio Sur, particularmente en territorios do antigo megacontinente Gondwana.
"O que hai ata antes deste achado son uns dentes atopados en Marrocos, asignados aínda con dúbidas. O noso é o primeiro 100 por cento confirmado e ademais son os primeiros restos esqueléticos deste grupo" explica o investigador. Todos os descubrimentos da subfamilia Rhamphorhynchinae proveñen esencialmente do hemisferio norte, principalmente de Europa. Con isto, os investigadores demostraron que a distribución dos animais deste grupo era máis ampla do que se sabía ata o momento.
FONTE: uchile.cl/noticias e elmundo.es/ciencia
0 comentarios