Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (X)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa novena curiosidade!

9. Marcianos alieníxenas

Marciano é o suposto habitante do planeta Marte. Aínda que carecen de evidencia científica, e circunscríbense ao campo das hipóteses,​ as crenzas acerca da existencia de vida extraterrestre aparecen na antigüidade clásica e inspiraron innumerables obras de ciencia ficción. E, certamente durante a histórica emisión radiofónica de “A guerra dos mundos” con Orson Welles en 1938, fixo que algúns estadounidenses cresen realmente que a Terra estaba a ser atacada por marcianos. Aos poucos fóronse erixindo como viláns habituais da pequena e gran pantalla (imposible esquecer Independence Day).

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios