AZUL KLEIN
Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.
Neste caso O azul Klein pola química Deborah García. De onde procede o azul ultramar? Deborah fálanos dunha prezada cor na arte e a ciencia: o azul. Considerado aínda máis valioso que o ouro na antigüidade, durante o Impresionismo logrou desprazar ao negro, ao considerar que o segundo non era unha cor presente na natureza. Por esta razón, os paraugas negros de Renoir en realidade están pintados con azul cobalto e azul ultramar.
Esta experta en química explica o proceso de extracción do ultramar e fálanos doutra azul clave: o Klein. Esta cor xurdiu dunha demanda do artista Yves Klein presentada ante un laboratorio, rexistrado como “International Klein Blue" (IKB) en 1960. Por primeira vez na historia da televisión, Deborah prepara esta pintura en vivo con pigmento e aglutinante. Non o perdas!
0 comentarios