SEALAND
O Principado de Sealand / Wikimedia Commons
Seguramente pensas que Cidade do Vaticano é o país máis pequeno do mundo, pois verás como estás equivocado. Sealand, oficialmente Principado de Sealand, unha plataforma mariña de 550 m2, que non adoita exceder os 5 habitantes de poboación, situada a 10 quilómetros da costa de Suffolk, Reino Unido, é considerada internacionalmente como micronación e a súa forma de goberno é a monarquía parlamentaria hereditaria.
A súa historia comeza en 1942, cando a Royal Navy (Mariña Real británica) construíu a plataforma mariña Roughs Tower como parte das Fortalezas Mariñas Maunsell para defender o país dos Nazis. O forte está composto por unha plataforma flotante equipada cunha superestrutura de dúas torres unidas por unha cuberta sobre a cal poderían agregarse outras estruturas. Durante a Segunda Guerra Mundial, a plataforma deu acubillo a unhas 300 persoas e posuía armamento para protexer a costa inglesa. Ao finalizar o conflito, a plataforma foi finalmente abandonada en 1956.
Sealand vista desde o aire / Wikimedia Commons
En 1967, un grupo de hippies establecéronse na plataforma para emitir un programa pirata de Rock, pero poucos meses despois decatáronse que había outra frecuencia que lles estaba facendo sombra, era a emisora pirata de Paddy Roy Bates.
Roy Bates estaba a transmitir desde outra plataforma das Fortalezas Mariñas Maunsell, a Knock John, que estaba máis preto da costa, a uns 4,5 quilómetros, dentro das augas territoriais británicas e na que xa o multaron.
Foi o 2 de setembro de 1967 cando Roy Bates e o seu fillo Michael aterran na plataforma e expulsan pola forza aos catro hippies que habitaban a fortaleza. Días despois, cando a muller de Roy, Joan, instalouse e tras consultalo cun avogado, que interpretou moi libremente o dereito internacional en base á localización da fortaleza en augas internacionais, Roy Bates autoproclamoi o principado e acuñou para si mesmo o apelativo da súa Alteza Real Príncipe Roy de Sealand.
En 1968, un ano despois de que nacese como nación Sealand, Roy e o seu fillo víronse sumidos nun conflito con Inglaterra. Michael disparou un tiro de advertencia a un barco da Royal Navy achegouse a Sealand para expulsalos. Pai e fillo foron levados ata os tribunais, que absolveunos por atoparse fóra da xurisdición inglesa. Outro episodio remarcable de Sealand foi cando anos despois, un grupo de contrabandistas querían utilizar a plataforma e prometeron darlle parte dos beneficios a Roy Bates se este accedía. Pero este non aceptou, xa que non quería danar a Reino Unido. Co tempo, familiares e coñecidos da nobreza de Sealand acudiron á plataforma e o 2 de setembro de 1975, Roy Bates proclama a Constitución do Principado de Sealand, crea a súa propia bandeira, un himno nacional, selos e nos anos posteriores moeda e pasaporte sealendeses.
Pero a tranquilidade duroulle pouco a Bates e os seus. En agosto de 1978, un grupo de comerciantes de diamantes convidan a Roy e a Joan a Austria para propoñerlles uns suculentos negocios. Ambos marcharon e deixaron a Michael coidando Sealand.
A mesma noite de chegar a Austria, Joan trata de contactar co seu fillo, pero foi en balde. A nai comeza a preocuparse e logra contactar cuns pescadores e a garda costeira, que lles comentan que non saben nada de Michael, pero que viran preto de Sealand un helicóptero. Todo era bastante inusual. Días despois, Michael consegue poñerse en contacto con eles e as noticias son arrepiantes. O helicóptero que avistaran os pescadores e a garda costeira chegara a Sealand dicindo a Michael que tiña unha mensaxe de Roy. Este dálles permiso para aterrar, pero non había mensaxe, os homes que se baixaron da aeronave, entre os que estaba o primeiro ministro de Sealand, Alexander G. Achenbach, tomaron o país pola forza. Posteriormente, secuestran e encerran nunha cela a Michael durante tres días sen comida ata finalmente meterlle nun barco e mandarlle a Holanda sen documentación.
Pero Roy ‘Indiana Jones’ Bates non é un home que se deixe amedrentar e chama ás armas aos seus aliados, entre os que se atopa un piloto de helicóptero que traballara en películas de James Bond. Segundo conta a lenda, Michael baixa do helicóptero cunha corda mentres coa outra dispara un tiro de advertencia aos usurpadores. Os intrusos réndense facilmente e os sealandeses tómanlles como prisioneiros de guerra. A maioría dos participantes na invasión foron repatriados ao cesamento da batalla, pero Gernot Pütz, un avogado alemán posuidor dun pasaporte de Sealand, foi acusado de traizón contra o país e sería mantido cativo a menos que pagase 75.000 de marcos alemáns.
Os gobernos dos Países Baixos e de Alemaña solicitaron ao Goberno británico a súa liberación; con todo, este desfíxose de toda responsabilidade citando a decisión da corte de 1968, que absolveu a ambos polo altercado do barco inglés. Alemaña enviou un diplomático da súa embaixada en Londres a Sealand para negociar a liberación de Pütz. Despois de varias semanas, Roy cedeu e afirmou que a visita do diplomático constituía recoñecemento de facto de Alemaña a Sealand. Despois da súa repatriación, Achenbach estableceu en Alemaña un goberno no exilio en oposición a Roy Bates.
Despois duns primeiros anos revoltos, o presente do país móvese en augas tranquilas. Na actualidade, a soberanía e lexitimidade de Sealand non son recoñecidos como un estado tradicional, pero como afirmou o Príncipe Michael de Sealand tras a morte do seu pai Paddy Roy Bates no 2012, manterá a “liñaxe” e legado: “co meu novo neto, o príncipe Freddy, temos unha cuarta xeración de sealandeses e o seu futuro está asegurado”.
FONTE: Eduardo G. Martínez/idealista.com e es.wikipedia.org
0 comentarios