Blogia
vgomez

BOLBORETAS V

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

4. Bolboreta cebra

A bolboreta cebra (Heliconius charithonia) é unha especie sedentaria de bolboreta que vive en Florida e no sur de Texas, aínda que rexistrouse tamén en México, Costa Rica, Panamá, Colombia, Ecuador, Venezuela e República Dominicana.

A eiruga é branca con manchas negras e numerosas espiñas negras ao longo do corpo. O adulto é de tamaño mediano con longas ás. A superficie dorsal das ás é negra con bandas angostas brancas e amarelas, o deseño  ventral é similar pero máis claro con manchas vermellas. A envergadura é de 72 a 100 mm.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  gl.wikipedias.org    Imaxe: Diego Delso, delso.photo, wikimedia e  DeadEyeArrow/gl.wikipedias.org

0 comentarios