Blogia
vgomez

GLOSARIO NUTRICIONAL: FIBRA DIETÉTICA

A fibra dietética inclúe as partes dos alimentos vexetais que o corpo non pode dixerir ou absorber. É dicir, mentres que o organismo é capaz de descompoñer as graxas, as proteínas ou os hidratos de carbono, non ocorre o mesmo con este composto. Circula de maneira intacta a través do estómago, o intestino delgado, o colon e finalmente, sae do corpo. Así o explicaba a  dietista-nutricionista, Carolina Mosquera: "A fibra é a parte dos vexetais que non podemos absorber, son substancias que están nos alimentos e entran, pasan un intre connosco, e logo saen. Non as dixerimos".

Diferenciamos:

- As solubles (ou fermentables), serven de alimento para as bacterias que habitan no interior do intestino, sendo beneficiosos na prevención de enfermidades.

- As insolubles, incrementan o tamaño do bolo fecal, facendo que o tránsito sexa máis sinxelo. Está, por así dicilo, é a inimiga do estrinximento.

En xeral, un consumo adecuado de fibra dietética relacionouse coa regulación do tránsito intestinal, unha maior saúde da microbiota intestinal, contribución a regular os niveis de colesterol en sangue, prevención dalgúns cancros como o de colon, mellores niveis de glucemia (prevención de Diabetes Mellitus tipo II), aumento da saciedade e mellor control dun peso adecuado…

FONTE: lavozdelasalud.lavozdegalicia.es e nutricion.org      Imaxe: oleumdietetica.es

0 comentarios