SINAIS DUNHA CIVILIZACION EXTRATERRESTRE?
Radiotelescopio de 500 metros de diámetro FAST
Nun informe publicado o 14 de xuño (e despois súbitamente eliminado) no boletín oficial do Ministerio de Ciencia chinés Science and Technology Daily, afirmábase que un equipo de científicos da Universidade Normal de Pequín, entre eles o astrónomo Zhang Tonjie, fora capaz de captar sinais de polo menos unha civilización extraterrestre grazas ao novo e enorme radiotelescopio de 500 metros de diámetro FAST (Five hundredmeter Aperture Spherical radio Telescope), instalado no suroeste da provincia de Guizhou e coñecido como ’Sky Eye’, ou ’Ollo do Ceo’. FAST é, de lonxe, o maior radiotelescopio que existe no mundo.
Segundo o informe, Zhang e o seu equipo detectaron dous ntrigantes conxuntos de sinais en 2020, mentres os científicos revisaban os datos recompilados por FAST en 2019.
Máis tarde, iste mesmo ano e durante un programa de análise de exoplanetas coñecidos, os investigadores atoparon un terceiro sinal de radio de banda estreita, a que normalmente utilizan os avións e satélites humanos. Con todo, o propio Zhang sinalou tamén a posibilidade de que os sinais non sexan máis que o produto de interferencias de radio, algo que os investigadores están a comprobar.
"Trátase de varios sinais electromagnéticos de banda estreita diferentes a outras do pasado -di Tonije-, e o equipo está a traballar actualmente nunha maior investigación. A posibilidade de que o sinal sospeitoso sexa algún tipo de interferencia de radio tamén é moi alta, e debe confirmarse ou descartarse con máis estudos. Isto pode ser un proceso longo".
Nada máis publicarse, o informe empezou a circular por internet e a ser recollido por numerosos medios de todo o mundo. E China, sen dar explicación algunha, eliminouno repentinamente do seu boletín.
Desde logo, non é a primeira vez que un sinal de radio procedente do espazo profundo desconcerta aos científicos. Na memoria de todos queda, por exemplo, o estalido electromagnético dun minuto de duración captado por SETI en agosto 1977 co telescopio Big Ear da Universidd Estatal de Ohio e xunto a cuxa gráfica o científico Jerry Ehman, que traballaba no telescopio esa noite, escribiu ’Wow!’
Os sinais captados por FAST producíronse nunha frecuencia moi utilizada pola nosa tecnoloxía, o que levou aos científicos para preguntarse se unha posible civilización alieníxena tamén a estaría usando para as súas comunicacións. En todo caso, antes de dicir nada concluínte, haberá que esperar a que Tonjie e o resto do seu equipo depuren os sinais e demostren que non son interferencias dos nosos propios dispositivos electrónicos. Non esquezamos o que sucedeu cos supostos sinais alieníxenas captadas entre 2011 e 2014, e que ao final resultou que eran producidas polos propios investigadores cada vez que quentaban os seus xantares no microondas...
FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia
0 comentarios