HERBARIO DE ROSALIA DE CASTRO III
Continúo co Herbario de Rosalía de Castro. Nasín cando as plantas nasen, unha homenaxe á creadora literaria que nos ensinou a mirar a paisaxe doutra maneira.
Se onte das herbas do campo florido, hoxe tócalle aos...
Árbores
Fronte á escala da vida humana, a flor, efémera, evoca nosa propia mortalidade. A árbore, pola contra, excédenos e prolonga a súa existencia máis aló de nós mesmos. É profundamente significativo que das catorce especies máis mencionadas na obra de Rosalía, sete sexan árbores e que, entre elas, sexa o carballo o que sobresae:
“Eu direivos tan só que os meus cantares
así sán en confuso dá alma miña
como sai dás profundas carballeiras
ó comezar do día,
romor que non se sabe
si é rebuldar dás brisas,
si son beixos das frores,
si agrestes, misteriosas armonías
que neste mundo triste
o camiño do ceu buscan perdidas”
Follas Novas
A través das árbores expresa diversas emocións: positivas cando se enchen de ramaxe, tristes cando se ispen de horas. As árbores humanízanse co ciclo estacional, de claro valor existencial. A súa presenza fusiónase coa vida humana, xa sexa no seu estado primigenio no bosque, no que alberga o tránsito do camiñante ou o amor, ou mesmo no lume do fogar que acompaña a tantas tradicións.
Continuará...
FONTE: María López Sández e María do Cebreiro Rábade Villar/gciencia.com
A realización deste proxecto contou con financiación no marco do proxecto Cartografías del afecto y usos públicos de la memoria: un análisis geoespacial de la obra de Rosalía de Castro, código FF12017-82742-P, financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, innovación e Universidades (AEI/MCIU) e parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
0 comentarios