Blogia
vgomez

A ERA DO WEBB

 

O 11 de xullo de 2022, o Telescopio Espacial James Webb enviounos as súas primeiras imaxes, que xa nos transportaban a recunchos máis profundos no espazo e no tempo do que xamais soñaramos. O James Webb é moito máis que o instrumento científico máis caro da historia, cun orzamento de 10 mil millóns de dólares.

Webb é o sucesor do Hubble e unha das máis apaixonantes mostras de ata onde somos capaces de chegar para comprender o noso lugar no Universo. O telescopio James Webb é a maior obra de enxeñería espacial da NASA e a historia detrás do seu nacemento, deseño, construción e lanzamento está á altura do que vai significar para a Astronomía. Un telescopio que nos demostrou que non hai “imposibles” cando nace en nós a vontade de ir un paso máis aló na nosa evolución tecnolóxica.

0 comentarios