SABÍAS QUE... TAIWAN
Superficie:35.980 km2
Longitud: 394 km
Anchura: 144 km
Distancia á terra: 12 km de Fujian
Población: 23.375.000 habitantes
Capital: Taipéi
Moeda: Novo dólar taiwanés (TWD) (1 TWD=0,0326020€)
Idioma oficial: Chino mandarín/hablados:taiwanés e linguas formosas
Relixión: Maioritariamente Sincretismo
Presidenta: Tsai Ing-wen
Tras a vitoria comunista na guerra civil chinesa en 1949, Mao proclamou a República Popular China, mentres que os nacionalistas derrotados fuxían a Taiwan, co seu líder Chiang Kai-shek á fronte da República de China. Iniciábase así a historia de división entre dous gobernos que levantaban a bandeira da Chinesa lexítima. Esta división interna proxectouse tamén nunha división internacional: a República de China foi a representante diante Nacións Unidas durante os primeiros vinte e seis anos, e a partir de 1971 a ONU arrebatáballe esa representatividade para atribuírlla á República Popular de China. En 1979, o Goberno chinés de Pequín expuxo a reunificación dos dous territorios a partir do principio un país, dous sistemas (principio unha China).
Hoxe apenas unha ducia de pequenos países recoñecen a Taiwan, desde Esuatini ata Tuvalu. Case toda a comunidade internacional recoñece á República Popular China e adhírese ao seu «principio unha China». Pero a importancia estratéxica e económica de Taiwan conta con grandes aliados, especialmente EE.UU., que xoga ao equilibrio inestable de manter relacións co seu rival de Pequín e co seu aliado de Taipei. Taiwan é un símbolo político de democracia e de loita contra o comunismo, no que o sentimento de identidade nacional medrou exponencialmente; pero tamén como enclave estratéxico fronte ás costas chinesas, parte dun cinto de illas pertencentes a aliados de EE.UU. como Malaisia, Filipinas, Taiwan e Xapón, que constitúen unha barreira de contención geoestratégica diante o poder militar chinés.
Taiwan é o maior produtor mundial de semiconductores, esenciais para millóns de móbiles, computadores ou automóbiles en todo o mundo. Os semiconductores son ao conflito de Taiwan o mesmo que os cereais á guerra de Ucraína: un motivo de preocupación global.
Esperemos que isto non acabe como Rusia e Ucraína!
FONTE: es.wikipedia.org e Jorge Quindemil/lavozdegalicia.es
0 comentarios