SONDA DART: TEMOS IMPACTO!
“Temos impacto!”. Os responsables da misión espacial DART, financiada pola NASA, recibiron este martes con xúbilo a perda do sinal emitido pola sonda. A nave, do tamaño dunha neveira, logrou o seu obxectivo de chocar de fronte e a máis de 20.000 km/h contra o asteroide Dimorfo para tentar desviar a súa traxectoria.
Esta é a primeira misión espacial cuxo obxectivo é protexer á Terra de asteroides, un ensaio xeral para evitar futuros impactos que poderían borrar do mapa unha cidade enteira.
0 comentarios