Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: AS PAREDES OEN


Representación da matanza de San Bartolomé segundo François Dubois (Museo Cantonal de Belas Artes de Lausana)/es.wikipedia.org

"As paredes oen" .Esta frase empregase cando alguén revela segredos en voz alta ou para aconsellar prudencia e discrecióna a hora de facer comentarios.

Ten a súa orixe en Francia e procede da persecución contra os hugonotes (protestantes franceses de doutrina calvinista durante as guerras de relixión) que culminou coa matanza da noite de San Bartolomé, o 24 de agosto de 1572. Contan os cronistas que a raíña Catalina de Médicis (1519-1589), esposa de Enrique II, rei de Francia, era moi desconfiada e persecutora implacable dos hugonotes. Para poder escoitar mellor ás persoas das que máis sospeitaba, mandou practicar unha rede de trades, hábilmente disimulados entre as molduras, nas paredes e teitos do Palacio Real.

Con todo, e como non podía ser doutra maneira, en canto descubriuse o ardid, entre os membros da corte e a servidume correu a voz de que as paredes tiñan oídos. E deste xeito, co tempo, a expresión pasou a converterse en proverbio.

FONTE: 20minutos.es e Miguel Mañueco/muyinteresante.es

0 comentarios