Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... OS CINCO NOMES QUE TEÑEN O DOBRE NOBEL A DÍA DE HOXE

SABÍAS QUE... OS CINCO NOMES QUE TEÑEN O DOBRE NOBEL A DÍA DE HOXE

Desde a súa primeira entrega no ano 1901, os premios Nobel son considerados os máis prestixiosos do mundo. Distribúense en cinco categorías (Física, Química, Paz, Fisioloxía ou Medicina, e Literatura) ata que a partir de 1969 engadiuse tamén a de Economía, que é a última que se concede anualmente aínda que non consta como Nobel oficial senón como un premio de ciencias económicas conmemorativo.

Os premios Nobel outórganse ás persoas "que conferiron o maior beneficio á humanidade" nos 12 meses anteriores. A cita forma parte do testamento do empresario sueco, e inventor da dinamita, Alfred Nobel quen deixou a maior parte da súa fortuna para que se financiasen estes galardóns.

Os gañadores dos premios poden ser máis dunha persoa, pero nunca máis de tres en cada premio. Os premiados tamén se chaman laureados, en alusión á coroa de loureiro que se entregaba aos vencedores dos concursos na antiga Grecia.

Só hai cinco nomes que ata o día de hoxe teñen un dobre Nobel:

1. Marie Curie: A primeira persoa na historia en lograr a fazaña de recibir dúas veces o Premio Nobel foi a científica polaca Marie Skłodowska Curie, galardoada primeiro co Nobel de Física en 1903 e, máis tarde, en Química en 1911. O que pouca xente sabe é que estivo preto de non recibir o primeiro destes premios. En 1903, a Academia de Ciencias de Francia propuxo unicamente a Henri Becquerel e Pierre Curie como candidatos ao Premio Nobel de Física. Indignado ao decatarse do nomeamento, o matemático Gösta Mittag-Leffler aconsellou a Pierre, quen deixou clara a súa posición. Finalmente, "en recoñecemento dos extraordinarios servizos que deron as súas investigacións conxuntas sobre o fenómeno da radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel", Marie Curie foi premiada xunto ao seu marido e Becquerel. E, "en recoñecemento aos seus servizos para o avance da química ao descubrir os elementos radio e polonio, por medio do illamento do radio e o estudo da natureza e os compoñentes deste sorprendente elemento" polo de Química anos despois.

2. Frederick Sanger: Este bioquímico logrou determinar a secuencia de aminoácidos dunha proteína, a insulina, a hormona crave na regulación do metabolismo da glicosa. Este descubrimento valeulle o Premio Nobel de Química en 1958. O seu segundo premio Nobel de Química chegaría en 1980 por desenvolver un método para ler o ADN, abrindo as portas ao estudo do xenoma humano.

3. Linus Pauling: O que fose un dos primeiros químicos cuánticos recibiu tamén dous Nobel: o primeiro, o Premio Nobel de Química de 1954, recoñeceu a súa investigación sobre a natureza das ligazóns químicas. E, oito anos despois, en 1962 e grazas ao seu pacifismo militante durante a Guerra Fría, centrado principalmente en combater as armas nucleares, logrou o premio Nobel da Paz Pauling estaba asustado polo perigo que representaría unha guerra nuclear para a humanidade, polo que escribiu un chamamento para poñer fin ás probas de bombas atómicas. A súa campaña culminou coa firma do primeiro Tratado de Prohibición Parcial de Ensaios Nucleares en 1963.

4. John Bardeen: Gañou dúas veces o Nobel de Física. Na Universidade de Princeton comezou a estudar a estrutura atómica e as propiedades dos semiconductores. Anos anos máis tarde empezaría a traballar en Bell Labs onde, xunto a Walter Brattain, desenvolveu o transistor, un invento que lle levou a gañar o Premio Nobel de Física en 1956 xunto con William B. Shockley. O seu segundo premio Nobel de Física, concedido en 1972, foi polo seu estudo dos superconductores, materiais que conducen a corrente sen resistencia nin perda de enerxía, a teoría BCS.

5. K. Barry Sharpless: Recibiu o seu primeiro Nobel de Química en 2001 polo seu traballo sobre as reaccións de oxidación catalizadas polos quirópteros, que abriron un novo campo na síntese de moléculas. O seu segundo Nobel de Química chegou iste ano 2022. K. Barry Sharpless compartiu premio Nobel de Química con Carolyn Bertozzi e Morten Meldal, quen traballou xuntos para utilizar a técnica dentro dos organismos vivos, no que denominan "química bioortogonal". Os científicos foron honrados especificamente "polo desenvolvemento da química do clic e a química bioortogonal", dixo o xurado. O de Sharpless é, por tanto, o quinto dobre premio Nobel da historia, seguindo os pasos dos eminentes científicos que mencionamos.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresantes.es/ciencia         Imaxes: es.wikipedia.org  e meteored.com.ar

0 comentarios