Blogia
vgomez

SOSTIBILIDADE VIII

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Valores R, que son medidas da Resistencia do illamento á transferencia de calor. O valor R indica a capacidade de illamento térmico dunha capa de material, a miúdo emprégase como valor illante para dobres acristalamentos, paredes, chans e tellados. O valor R é a resistencia á calor dunha capa de material e exprésase en m 2 K / W. Canto maior sexa R, maior será a resistencia que experimenta o paso da calor e mellor illará o material. O cálculo do valor R depende dos materiais que se atopen na estrutura en cuestión. O espesor do material (d), en metros, divídese polo valor λ (o coeficiente de condución térmica). Canto maior sexa o valor, mellor é o illamento, unha capa o dobre de grosa terá unha resistencia térmica dobre. A fórmula é R = d / λ

E imos coa pregunta de hoxe!


8. Existe algún tipo de obra de rehabilitación que me permita reducir a miña factura enerxética?

- Si, pódese mellorar o illamento térmico tanto dos muros como das xanelas, ademais de instalar sistemas de climatización sostibles. 

- Si, pódense instalar sistemas de climatilizacion sostibles, aínda que non se pode actuar sobre muros e xanelas.

- No futuro poderase, pero a tecnoloxía aínda non esta desenvolvida.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e recticelinsulation.com     Imaxe: certicalia.com/blog

0 comentarios