Blogia
vgomez

AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA IV

Continúo coa serie adicada as Chapuzas do “deseño” da especie humana. Non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Se onte falamos dun punto cego nos ollos, hoxe falaremos…

4. A garganta e o atragoamento

Outro dos exemplos máis soados de mal deseño do noso corpo é o da garganta humana. Unha das primeiras causas de morte non natural de persoas sas na nosa especie é o atragoamento. O ano pasado en España morreron o dobre de persoas por atragoamento que por accidente de coche.

Os condutos que levan alimentos e aire mestúranse de maneira moi perigosa nalgúns puntos do noso organismo, e a farinxe é o punto máis crítico.

Manobra de Heimlich / elcorreo.com/vivir

Normalmente a auga e os alimentos viaxan desde o exterior ao esófago e o aire á traquea. Pero algunhas veces algo falla, e os alimentos van cara á traquea bloqueando o fluxo de aire, o que pode desencadear consecuencias fatais como a morte por asfixia. Non estamos ben deseñados, por exemplo, para comer uvas a gran velocidade.

FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia

Continuará...

0 comentarios