Blogia
vgomez

O SUPERPODER DO REINO VEXETAL

 

Para a ciencia o quecemento global é o maior problema ao que se enfrontou a humanidade ao longo da súa historia, é preciso que todo o mundo tome consciencia do que está a suceder e faga aquilo que estea na súa man”. O científico Stefano Mancuso é profesor, escritor e botánico especializado en neurobioloxía vexetal. A súa paixón pola natureza e a súa dedicación para comprender o mundo a través dela levoulle a importantes descubrimentos e a entender que “deberiamos imitar a súa incrible capacidade para crear comunidades pois só a través do traballo en equipo e a solidariedade podemos superar os desafíos aos que nos enfrontamos”.

Un enfoque que desafía as ideas convencionais sobre a intelixencia e a conciencia das plantas demostrando que son seres complexos e adaptables. Ademais das súas investigacións, Mancuso é fundador do Laboratorio Internacional de Neurobioloxía Vexetal en Florencia, un centro líder na investigación das capacidades cognitivas das plantas. O seu traballo baséase na idea de que as plantas teñen sistemas sensoriais moito máis sofisticados o que as converte nunha solución eficaz para campos como a saúde, a sustentabilidade e a tecnoloxía.

Nos seus libros e conferencias o experto convídanos a sentirnos parte do reino vexetal e a ter presente que non somos alleos nin estamos por encima de ningún ser vivo: “A idea de ser mellor é unha idea humana porque no momento no que pensas que es mellor que outro ser vivo, deixa de ser o teu igual e convértese en alguén a quen podes usar para os teus propios fins. A única maneira que temos de prosperar é cooperar a través da humildade”.

0 comentarios