SABÍAS QUE... UN ASTEROIDE PASOU AO NOSO LADO SEN SER VISTO E ERA DOS QUE FAN DANO
O pasado 13 de xullo, un asteroide de sesenta metros de diámetro pasou sen ser visto entre a Terra e a Luna, a menos de 100.000 quilómetros de distancia de nós. Ningún sistema de alerta conseguiu detectalo porque mentres se achegaba, a rocha espacial, maior que un edificio de 20 plantas, permaneceu oculta polo brillo do Sol. Os astrónomos, de feito, non detectaron a súa presenza ata dous días despois, o 15 de xullo, cando o asteroide xa pasara e afastábase rapidamente do noso planeta. Unha rocha dese tamaño ten o potencial suficiente, en caso de impacto, para destruír por completo unha gran cidade.
Designado como 2023 NT1, o asteroide pasou xunto a nós a unha velocidade estimada de 86.000 km/h. Segundo a NASA, o asteroide chegou desde a dirección do Sol, polo que o resplandor da nosa estrela cegou aos telescopios, que non puideron velo ata moito despois de que pasase.
Dous días despois, en efecto, un telescopio de Sudáfrica, parte do Sistema de Última Alerta de Impacto Terrestre de Asteroides (ATLAS) captou a rocha cando xa se afastaba da nosa veciñanza. Segundo informa o Centro de Planetas Menores da Unión Astronómica Internacional, outra ducia de telescopios tamén detectaron a 2023 NT1 nese momento. O sistema ATLAS está formado por unha serie de telescopios especialmente deseñados para detectar asteroides perigosos, con días ou semanas de antelación a calquera impacto potencial. Pero non poden ver o que vén desde a dirección do Sol.
Decenas de asteroides achéganse á Terra cada semana, pero a inmensa maioría deles pasa a distancias superiores a un millón de quilómetros. Para ser considerado ’próximo’ un deses visitantes debe pasar entre a Terra e a Lúa. É dicir, atravesar o interior da órbita do noso satélite natural. E 2023 NT1 fíxoo. De feito, no seu punto de máximo achegamento, o asteroide chegou a estar a só un cuarto da distancia entre a Terra e a Lúa, e preto dos nosos satélites en órbita xeoestacionaria.
FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia
0 comentarios