ATA SEMPRE ALEX!
Foto de Alex nun dos seus lugares favoritos, a Baixa Limia de Ourense
Hoxe cúmprese un mes en que o que vedes nesta fotografía faleceu. Un mozo de 41 anos como consecuencia dun cancro: Alejando Núñez Rouco (ALEX).
O día 15 de agosto fun incapaz de escribir nada sobre el. Foron horas difíciles para os seus país e irmá, a miña filla que é a súa esposa, a miña familia e amigos e familiares. Dolorísisimo ver marchar a un rapaz íntrego, traballador e boa pesoa.
Especialista en electricidadade, electrónica e robótica, xogador e árbitro de hóckey sobre patíns en liña, escalador e montador de rocódromos, traballador en mantemento do Lug II de Lugo, monitor, director de campamentos e supervisión en de diferentes lugares de Galicia...
Árbitro, escalador e mebro da Banda Negra
A súa relación con A Guarda é xa de hai moitos anos. Formou parte, ata hoxe, da Banda Negra e casou coa miña filla Nuria. Este mozo éra e é o meu xenro.
Foron moitas a esperanxas truncadas para esta parexa. Foi un roubo! Pero a vida danos estas labazadas que non son fáciles de encaixar e moito menos de superar. Só o tempo pode axudar pero nunca a olvidar.
Ata sempre Alex. Nuca te olvidaremos!
0 comentarios