A ORIXE DAS PALABRAS: POÑERSE AO TALLO
As expresións ir ao tallo e poñerse ao tallo fan referencia á acción de poñerse ou ir traballar debido a que o termo tallo é un dos moitos sinónimos que ten a palabra traballo. Non se trata dun neoloxismo, pois atopamos algúns exemplos escritos varios séculos atrás. Provén de tallar (dividir algo en dous ou máis partes cun instrumento cortante) que chegou ata o castelán desde o latín vulgar taleare e cuxo significado era ‘cortar, rachar’. Moitos eran os traballos nos que non se tiña que cumprir cun horario, senón que debía alcanzarse un obxectivo e a xornada terminaba cando, avanzando sobre un terreo no que se realizaba a faena (xa fose cultivar, a sega, sementar, pintar, cortar, picar nunha mina...), chegábase ata determinado punto que previamente fora marcado cun tallo que, normalmente, facíase no chan.
FONTE: Rocío Carmona/lavanguardia.com
0 comentarios