SABÍAS QUE... COMO FUNCIONA UN COMPÁS?
Etimolóxicamente compás (brúxula en castelán) procede do italiano bussola, que significa caixiña, e esta de o latín buxis, caixa, en referencia ao receptáculo que contiña e protexía á agulla imantada. Algúns defenden que compás é o diminutivo de ’bruxa’, xa que no Renacemento algúns europeos pensaban que un artefacto que sempre apuntaba cara ao mesmo punto xeográfico tiña que ser cousa de bruxas.
A verdade é que o magnetismo fascinou ao ser humano durante milenios. Os gregos e os chineses foron os primeiros en experimentar cos imáns e descubrir que a calamita, un tipo de ferro coñecido como actualmente como magnetita, posuía unha forza de atracción notable. Foron os chineses os primeiros en descubrir que un fragmento de calamita, que se move dentro dun círculo, sempre apunta nunha mesma dirección.
O compás é un invento chinés que apareceu no século XI. Cóntase que nas súas orixes os adivinos utilizaban unhas pedras magnetizadas para construír as súas táboas adivinatorias e que, nalgún momento, un deles decatouse de que as pedras sinalaban sempre cara a unha mesma dirección, o cal deu orixe á elaboración dos primeiros compases da historia.
Como é fácil imaxinar aqueles primeiros compases debían ser moi rudimentarios, apenas unhas agullas imantadas que flotaban en vasillas cheas de auga. Co paso do tempo o invento foise mellorando e reducindo en tamaño ata converterse nun instrumento fácil de transportar.
O primeiro uso práctico déronllo os navegantes, xa que grazas a ela podían completar a súa orientación. Ao parecer foi Zheng Hei, un navegante chinés da provincia de Yunnan, o primeiro en darlle un uso práctico durante as moitas viaxes que realizou pola mar oceánica.
O que quizais moitos non saben é que o compás de Zheng Hei apuntaba cara ao sur, do mesmo xeito que os compases chineses (luopan); a diferenza dos europeos que o fan ao norte, motivo polo cal algúns estudosos defenden que o compás do Vello Continente foi un invento independente.
Actualmente sabemos que a Terra crea un campo magnético na dirección Norte-Sur e compórtase como un imán moi grande, aínda que moi débil, situado ao longo do eixo de rotación, que é o eixo que pasa polo polo norte xeográfico (Norte) e o polo sur xeográfico (Sur). Por iso, os compases oriéntanse indicando precisamente esa dirección Norte-Sur.
Os compases están fabricadas con agullas de ferro imantadas e por iso senten atraídas polo «imán terrestre». Para construír os compases, primeiro as súas agullas deben ser imantadas utilizando un imán.
Un imán é un corpo que posúe magnetismo, é dicir, a capacidade de atraer a outros imáns e a metais como o ferro. Nestes corpos tamén falamos de polo norte e polo sur, aínda que non son exactamente o mesmo que os polos da Terra. En realidade, desde o punto de vista magnético, o polo norte da Terra correspóndese co polo sur dun imán.
A diferenza do noso polo norte xeográfico, que é fixo, o norte magnético da Terra desprázase a unha velocidade dun 15 km/ano. Este cambio de posición é debido ao ferro do núcleo terrestre que xera correntes eléctricas que producen un campo magnético. Nestes momentos o polo norte magnético atópase a un 1.600 km do polo norte xeográfico, preto da illa de Bathurst, na parte setentrional de Canadá.
FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios