Blogia
vgomez

MINERAIS RAROS II: ICHNUASAITE

A xeoloxía é un campo incriblemente diverso co que podemos aprender moito sobre o noso planeta Terra. Unha das facetas máis curiosas desta ciencia é a dos minerais máis raros do planeta.

Hai minerais moito máis estraños que os diamantes; máis de 5.000 especies minerais coñecidas na Terra, desde o omnipresente cuarzo pasando pola finguerita, da que onte falamos, ou o protagonista de hoxe,  a ichnusaite.

A ichnusaite é  outra rara avis da xeoloxía. É un composto natural de torio e molibdeno coa fórmula Th(MoO4)2 •3H2O. Foi descuberto en Su Seinargiu, Sarroch, Cagliari, Sardeña, Italia en 2013. O nome provén do antigo nome grego de Sardeña, Ιχνουσσα, Ichnusa.

É incolora, quimicamente pura, cun sistema de cristalización monoclínica e con cristais prismáticos.

Moscovita, nuragheita e xenotima-(Y) son os asociados da ichnusaite.

Continuará!

FONTE: Srah Romero/muyinteresante.es     Imaxe: Italo Campostini/mindat.org

0 comentarios