MINERAIS RAROS III: NEVADAITA
A xeoloxía é un campo incriblemente diverso co que podemos aprender moito sobre o noso planeta Terra. Unha das facetas máis curiosas desta ciencia é a dos minerais máis raros do planeta.
Hai minerais moito máis estraños que os diamantes; máis de 5.000 especies minerais coñecidas na Terra, desde o omnipresente cuarzo pasando pola finguerita, a ichnusaite, da que no último día falamos, ou o protagonista de hoxe a nevadaita.
A nevadaita é un mineral clasificado en categorías un e dúas de singularidade. Está composto por vanadio e cobre e formouse baixo condicións ambientais moi estritas.
A súa fórmila é (Cu+2+,Al,V+3)6 Al8(PO4)8 F8(OH)2·22H2O
Os cristais son moi coloridos, pero microscópicos. Sistema de cristalización: Ortorrómbico. Lustre: Vítreo. Cor: Verde pálido ou turquesa. Dureza: 3
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e asturnatura.com Imaxe: Robert Downs (Universidade de Nevada)
0 comentarios