DESCOBREN UN CURMÁN DOS CROCODILOS DE HAI 200 MILLÓNS DE ANOS
Os etosaurios, un grupo de réptiles fortemente armados similares aos crocodilos modernos, dominaron as paisaxes da era Triásica, moito antes do reinado dos dinosauros. Agora, os científicos identificaron unha nova especie de etosaurio chamada Garzapelta muelleri no condado de Garza, ao noroeste de Texas que se extinguiu Hai 200 millóns de anos.
Esta especie de réptil prehistórico devanceiro dos crocodilos, deixo fósiles esparexidos por todos os continentes excepto a Antártida e Australia, o que revela unha rica diversidade en formas nunha etapa na que a, pesar de que os dinosauros adoitan levar toda a gloria, os etosaurios estaban antes que eles e eran os reis da Terra. Os etosaurios gobernaron a Terra durante o Triásico tardío (hai 237 millóns a 201 millóns de anos).
Descobren un curmán dos crocodilos de hai 215 millóns de años / Márcio L. Castro
O novo estudo, publicado na revista The Anatomical Record e dirixido por investigadores da Universidade de Texas en Austin céntrase nunha armadura de aetosaurio que ten a maioría das súas partes principais intactas, algo non moi habitual no rexistro fósil. Concretamente, esta armadura, ou caparazón, está intacta aproximadamente nun 70% e esténdese desde o pescozo e os ombreiros ata a punta da cola.
“Temos elementos desde a parte posterior do pescozo e a rexión dos ombreiros ata a punta da cola. Polo xeral, atópase material moi limitado”, explicou William Reyes, estudante de doutoramento na Escola de Geociencias de UT Jackson e líder da investigación.
Este enorme curmán dos crocodilos era unha criatura acoirazada con placas incrustadas na súa pel e púas curvas ao longo dos seus flancos. Estas bestas de extremidades robustas medraban ata 5 metros de longo e estaban cubertas por placas óseas chamadas osteodermos para a súa protección. Segundo os investigadores, eran auténticos "tanques do Triásico".
Co obxectivo de interpretar a evolución e taxonomía destes enormes parentes dos crocodilos, os investigadores tentaron recompilar información sobre a súa evolución converxente, onde trazos similares evolucionan de forma independente en diferentes especies.
A aparencia de Garzapelta, blindado con placas óseas e flanqueado por púas curvas para maior defensa, establecía paralelos cunha versión parecida a un armadillo, o que suxire unha dieta omnívora, en contraste coa natureza carnívora dos crocodilos actuais. Así, aínda que os crocodilos actuais son carnívoros, os científicos cren que os etosaurios eran principalmente omnívoros.
Pero, onde encaixaba este espécime a árbore xenealóxica dos etosaurios foi un desafío maior para os autores, xa que a combinación de placas óseas non se viu anteriormente. A maioría de etosaurios encaixan nun de dous grupos principais: Aetosaurinae e Stagonolepidoidea, pero non pasaba así con G. muelleri. Parecía metade armadillo, metade crocodilo.
Os seus fósiles atópanse dispersos por todos os continentes excepto a Antártida e Australia / Midjourney/Sarah Romero
Dependendo de en que parte da armadura os investigadores salientasen na súa análise, Garzapelta terminaría en lugares moi diferentes. Unha vez que os expertos determinaron que as púas evolucionaron de forma independente, foron capaces de establecer onde encaixaba mellor entre outras especies de aetosaurios. Era unha nova especie de etosaurio que se parecía bastante ao crocodilo americano actual pero moito máis blindado e grande.
"A converxencia dos osteodermos entre etosaurios emparentados lonxanamente observouse antes, pero o caparazón de Garzapelta muelleri é o mellor exemplo diso e mostra ata que punto pode ocorrer e os problemas que causa nas nosas análises filoxenéticos", apuntou Reyes.
Por que bautizalo como Garzapelta muelleri?. Este nome rende homenaxe ao condado de Garza, Texas, onde se realizou o descubrimento, e a Bill Mueller, o paleontólogo que o atopou. Por último, o termo “pelta” significa escudo en latín.
Con todo, como detectaron que as variacións na aparencia da armadura desta criatura poderían verse influenciadas por varios factores, incluída a idade e o sexo de cada animal, William Reyes está a examinar fósiles de etosaurios da colección da Escola Jackson, que foron descubertos predominantemente durante a década de 1940 a través de escavacións realizadas pola Works Progress Administration, para explorar esta posibilidade. Garzapelta, que se atopa nas coleccións de fósiles da Universidade Tecnolóxica de Texas, pasou décadas nun estante antes de chamar a atención deste paleontólogo. Haberá máis etosaurios como este escondidos nos rexistros?
O estudo subliña o valor das coleccións de universidades e museos como depósitos de coñecemento científico sen explotar, á espera de ser descuberto e analizado polos investigadores actuais.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios