Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... CAL É O PARQUE NACIONAL MÁIS GRANDE DE ESPAÑA?

Un Parque Nacional é un espazo natural de alto valor natural e cultural, pouco alterado pola actividade humana que, en razón dos seus excepcionais valores naturais, do seu carácter representativo, a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, merece a súa conservación unha atención preferente e declárase de interese xeral da Nación por ser representativo do patrimonio natural español.

Na imaxe aparecen os 16 Parques Nacionais do noso país. Pero cal é o máis grande de todos eles?

Efectivamente, o Parque Nacional de Serra Nevada.

Situado na comunidade autónoma de Andalucia é compartido polas provincias de Granada (65%) e Almería (35%). Foi creado como tal en 1999.

Estes son os datos da súa superficie:

  • Superficie total: 85.883 ha.
  • Zona periférica de protección: 86.355 ha.
  • Área de influencia socioeconómica: 266.690,91 ha.

Más de 2.100 especies catalogadas das preto de 8.000 de flora vascular existentes na Península Ibérica. Entre a fauna cóntanse anfibios, réptiles, mamíferos , aves e unha rica entomofauna (80 endemismos exclusivos).

O patrimonio cultural no Parque e a súa contorna, rico e diverso, é o testemuño vivo do seu proceso histórico, resultado das diferentes culturas asentadas, e, en particular, da cultura do Al - Andalus.

Estes son os seus recoñecementos internacionais:
        - Rede Natura 2000
        - Reserva da Biosfera (1986).
        - Carta Europea de Turismo Sostible (2004)
        - Lista Verde de Áreas Protexidas UICN (2014)
        - Reserva Natural Fluvial Cabeceira do río Genil (2015)

 Serra Nevada constitúe un refuxio excepcional para a flora e a biodiversidade no continente europeo, debido ás súas condicións históricas (a súa localización biogeográfica estratéxica, no oeste da rexión Mediterránea), ao seu illamento xeográfico, á brusquidade de gradientes ecolóxicos (co seu enorme rango altitudinal) e á diversidade de nichos ecolóxicos.

Presenta 2.100 especies vexetais catalogadas, 116 das cales se atopan ameazadas.O programa de recuperación de áreas con flora ameazada, enmarcado nun proxecto Life da Unión Europea, ten como obxectivos principais a diminución dos factores de risco para as poboacións que se atopan máis ameazadas e o aumento de efectivos naturais mediante a restauración e conservación dos seus hábitats naturais. 

Para iso, establécense unha serie de estratexias de conservación in situ mediante a aplicación de plans de xestión para levar un control das causas de vulnerabilidade (sobrepastoreo, coleccionismo, modificacións do réxime hídrico, estación de esquí e infraestruturas viarias, deforestacións, plantacións de especies alóctonas e turismo) e mediante reintroduccións. 

Outras son estratexias ex situ, entre as que destacamos a conservación de sementes no Banco de Germoplasma de Serra Nevada e a creación do viveiro de especies ameazadas, onde se reproducen e expóñense ao público as especies nevadenses máis ameazadas, moitos de cuxos hábitats son tan fráxiles que non poderían soportar a presión dos visitantes.

https://youtu.be/Tc7XfV-OnPQ

FONTE: miteco.gob.es/eu/parques-nacionales

0 comentarios