OS INVENTOS MÁIS RAROS DO MUNDO IV (FIN)
Continúo co repaso dalgúns dos inventos raros que sorprenderon ao mundo.
4. Dynasphere
A Dynasphere foi inventada por un enxeñeiro eléctrico inglés, John Archibald Purves e inspirada vehículo nun bosquexo do gran Leonardo da Vinci. Patentada en 1930, foi un exemplo sorprendente de deseño de transporte non convencional.
Tratábase dun vehículo monorroda, a modo de aro xigante rodante, como un vehículo revolucionario de transporte persoal. A roda tiña unha cabina dentro da súa circunferencia para que sentasen o condutor e o pasaxeiro e non se envorcaba porque o seu centro de gravidade estaba o suficientemente baixo como para que iso non sucedese. O condutor controlaba o vehículo desde dentro, dirixindo o vehículo cambiando o seu peso ou utilizando controis rudimentarios. E non ía precisamente amodo: os primeiros prototipos de Dynasphere estaban propulsados por motores de gasolina e podían alcanzar preto dos 50 quilómetros por hora mesmo con dúas persoas dentro.
A aparencia futurista do vehículo capturou a imaxinación do público e apareceu en moitos xornais e exposicións. Por que non foi un éxito? Porque realmente non era un vehículo moi práctico ao ser complicado tanto virar con el como frear.
Fin!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com Imaxes:
0 comentarios