SERÍA IMPOSIBLE VIAXAR DONDE O FAGO SEN HOSPITALIDADE
Con máis de cinco millóns de seguidores e máis de catrocentos millóns de visualizacións, Rubén Díez, máis coñecido como Lethal Crysis, é un dos viaxeiros e creadores de contidos máis recoñecidos en España pola Xeración Z. A súa canle de Youtube é a xanela ao mundo onde percorre os lugares máis extremos e descoñecidos, como unha forma de traducir a diversidade cultural e tradicional á linguaxe documentalista.
No seu libro Un mundo de historias recolle algúns dos momentos extraordinarios que viviu este mozo viaxeiro e desvela costumes ou vivencias insólitos. "É difícil ser racista se viaxaches, porque todos estes prexuízos que tes sobre outras persoas e outras culturas, vánseche cando precisamente ti mesmo necesitas da axuda destas persoas porque estás nun lugar onde non hai hoteis, non hai restaurantes. Quen che vai a dar para comer? Onde dormes? Dependes plenamente de certas familias locais, da súa hospitalidade", reflexiona.
Lethal Crysis percorreu países en tempos de postguerra, zonas de temperaturas extremas, desde a tundra ao deserto, pasando pola selva e os océanos.
0 comentarios