CAMPIONATO GALEGO DE VÍDEO SUBMARINO 2024: UNHA DEFENSA DA NOSA CONTORNA
Ao redor de Louro (Muros) todo é auga. Sábeo ben Xaime Beiro, que medrou vendo como os seus avós ían traballar ao mar cada día. Colleu o testigo adicándose á pesca submarina cando era novo, e así coñeceu a increíble biodiversidade que se agocha baixo a superficie.
Despois cambiou o fusil polo obxectivo dunha cámara, ata que un día pensou: Por que non xuntar as dúas cousas? Comezou a somerxirse nas costas galegas coa súa parella, de quen di que está igual de tola ca el, para amosar unha riqueza que moitas veces pasa desapercibida. E mal non lles foi, porque Xaime Beiro (Louro, 1985) e Lara González (Pontevedra, 1988) levan tres anos consecutivos gañando o Campionato Galego de vídeo submarino, que este 2024 realizouse nunha xornada de submarinismo na costa de Malpica: “Agora imos a polo nacional, pero o feito de gañar na casa para nós xa é unha honra”. O vídeo, dunha duración dun minuto, amosa unha gran variedade de peixes e outros animais mariños.
FONTE: Lucía Casas/gciencia.com Imaxe: lavozdegalicia.es/Xaime Beiro
0 comentarios