Blogia
vgomez

Dous galegos, seleccionados nun dos certames de vídeo submarino de maior prestixio mundial

Coñecéronse practicamente debaixo da auga, marabillados os dous pola biodiversidade que se agocha a simple vista. E é que o mar é un regalo para quen o sabe apreciar. Xaime Beiro e Lara González son compañeiros na vida e tamén no submarinismo. Beiro di que case coñece máis o fondo mariño que a praia de Louro, onde se criou. Despois de gañar o campionato galego de vídeo submarino, apuntan alto: agora, unha das súas pezas audiovisuais foi seleccionada para a mostra dun dos certames máis recoñecidos; o de San Diego, nos Estados Unidos.

Non pensabamos que fora unha posibilidade moi real. Ao final, tes que competir con vídeos gravados noutras partes do mundo onde aparecen tiburóns ou baleas, e animais moito máis exóticos. Nós, dende a nosa humildade, amosamos os peixiños e animais do noso mar”, reflexiona Beiro. Porén, dende que comezaron a somerxerse, contan, a paisaxe submarina mudou por completo. Este é o relato dunha vida, do que se perdeu e do que chegará cando suba a marea do tempo.

Sorte!

FONTE: Lucía Casas/gciencia.com

0 comentarios