ANIMAIS MIMÉTICOS VI
Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.
10. Araña Paratropis tuxtlensis
Foi descuberta en 2014 en México por un grupo de investigadores. Esta especie caracterízase por camuflarse co chan grazas á súa particular textura e cor. Distínguese doutros pola súa pel rugosa, cunha especie de escamas, onde se adhiren máis facilmente as partículas do chan que lle brindan a camuflaxe perfecta.
11. Araña Lichen
A Araña Lichen (Pandercetes gracilis) é unha especie de arácnido que habita nas zonas de Australia, Nova Guinea, e algunhas illas de Indonesia. Esta clase de araña desenvolveu unha gama cromática na súa pel que se sincronizan perfectamente coas cores da súa contorna. Desta forma pode pasar desapercibida para os seus inimigos e manterse camuflada a ollos das súas presas.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com, foroambiental.net e fishbase.mnhn.fr
0 comentarios