ANIMAIS MIMÉTICOS IX
Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.
16. Lagarto Exeo
Estes lagartos elixen meticulosamente as súas zonas de descanso, pois tentan que estas se parezan o máximo posible á cor da súa pel para así pasar desapercibidos. Os seus depredadores principais son as aves, pero grazas á súa técnica poden desvanecerse entre as rochas.
17. Pixe Pipa
Son unha subfamilia de peixes syngnathiformes, que xunto cos cabaliños de mar e os dragóns de mar (Phycodurus e Phyllopteryx), forman a familia Syngnathidae. Contan cunha incrible habilidade para imitar a súa contorna o que, unido ao seu pequeno tamaño, fan que pasen moitas veces desapercibidos aos mergulladores.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com, foroambiental.nete es.wikipedia.org
0 comentarios