Blogia
vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS X (FIN)

Remato coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

18. O raposo ártico

Ou raposo polar (Vulpes lagopus)  é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos cánidos que habita en huras ao longo e ancho da tundra, xeralmente en ladeiras.​Posúe unhas orellas pequenas e unha capa densa de pelo branco que lle permite subsistir e cazar a temperaturas extremas (de ata -50 °C). No verán, esta capa branca de pelame longa cambia por unha capa pardo-agrisada de pelame máis curta.

19. Bufo nival

 

Trátase dun ave cuxo escenario perfecto é unha paisaxe invernal, xa que a súa plumaxe branca permítelle integrarse en paraxes nevadas. Con todo, esta plumaxe cambia dependendo do sexo. O macho é totalmente branco, mentres que a femia é de cor branca pero con manchas nas súas ás e as costas de cor marrón. Canto máis adultos son, máis intensos son as cores.

Moitos máis animais, que non dixemos, teñen esta capacidade mietizadora, sendo expertos na camuflaxe, pero ises serán motivo doutra serie!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com, foroambiental.nete es.wikipedia.org

0 comentarios