DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (XII-FIN)
Remato coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
Mito 12: Os touros só ven o vermello e os cans, en branco e negro
Sempre se creu que a cor vermella do capote dos toureiros é o que excita a bravura do touro. Pero non é así. Os touros seica poden distinguir un par de cores, e é o movemento do capote o que o excita realmente e non a súa cor. A muleta é vermella simplemente para disimular mellor o sangue.
A visión en cor para certos animais sábese que é cuestión de superviviencia. Como no caso das abellas, que distinguen e discriminan así unhas flores doutras. Ou entre certos paxaros, para obter alimento en froitos ou flores ou para exercer o reclamo sexual cunha plumaxe vistosa. Para outros, como os réptiles de costumes nocturnos, a visión en cor é tan útil como a pantalla panorámica para un invidente. Pero vaiamos concretamente aos cans. Observouse que posúen unha visión dicromática, cun punto neutro a 480 nanómetros (un nanómetro é a mil millonésima parte dun metro). É dicir, que poden distinguir, ademais do branco e o negro, dúas cores distintas: probablemente o azul e o verde, pero fano nunha marxe de lonxitudes de onda moi estreito.
Os gatos poden distinguir ata seis colorees e diversas gamas dentro de cada un.
Fin!
FONTE: Sergio Parra/xatacaciencia.com/biología
0 comentarios